Blog de César Salgado

Chia-Fen Wu and Ann De Prest sing Purcell

Sempre digo que Henry Purcell (1659 – 1695) é un dos meus compositores preferidos. Xa puxen catro vídeos con música súa en tres anotacións anteriores.

Hoxe, gracias ó canal en YouTube de frederikstyns, traio o quinto: un interesante dúo de sopranos (Chia-Fen Wu e Ann De Prest) acompañadas por un cravo. Creo que este dúo procede da “semi-ópera” The Fairy-Queen (Z.629).

Purcell xoga musicalmente co significado das palabras, como facía con frecuencia, neste caso con “echo” (eco) e “clap” (bater ou aplaudir). O texto, no libretto de The Fairy-Queen, di así:

“Hark now the echoing air a triumph sings,
and all around pleased Cupids clap their wings.”

Nota: tamén podemos escoita-la voz da soprano Chia-Fen Wu na anotación Giulio Caccini: “Dolcissimo sospiro”.

Setembro 8, 2007 - Publicado por César Salgado | Harpsichord, Henry Purcell, Music, Opera, Vocal music | | 2 Comentarios

2 Comentarios »

  1. Excelente post. Também já assinei para a criação do .gal . Com um abraço de Portugal
    Fernando

    Comment por Fernando Vasconcelos | Novembro 27, 2007 | Comentario

  2. Obrigado. Creo que tanto esta música como esta interpretación son interesantes. O dominio .gal tal vez non fose necesario se a Historia non tivese posto unha fronteira no Miño… :-)

    Eu tamén gocei co seu blog. Parabéns…

    Comment por César Salgado | Novembro 28, 2007 | Comentario


Deixa un comentario