Japan: Three executed ahead of UN General Assembly resolution
Dentro de dous meses discutirase na Asemblea Xeral das Nacións Unidas unha resolución pedindo unha moratoria global sobre a aplicación da pena de morte. Non obstante, aínda quedan Estados (mesmo no “primeiro mundo”, como Xapón ou Estados Unidos) que se resisten a abolir este castigo irreversible, que leva a vida de moitos inocentes e que non exerce disuasión ningunha sobre os criminais máis temibles. Por non falar de que contradí os Direitos Humanos e toda a retórica de “reforma, reeducación e reinserción dos delincuentes” do Direito Penal e Penitenciario…
Amnistía Internacional (AI) publicou onte unha nota de prensa dando os nomes dos tres executados o pasado 23 de agosto en Xapón. Un deles era enfermo mental.
Nese país o secretismo sobre a pena de morte non chega ó extremo de China, pero ten aspectos comparables. A execución dunha persoa soe comunicarse ó preso a mesma mañá; e á familia e avogados, despois de consumada.
Nun informe elaborado por AI hai un ano (publicado o 7 – VII – 2006) examínanse algúns aspectos escuros da pena de morte en Xapón, como as “confesións” realizadas baixo torturas. A versión en español leva por título “¿Será éste mi último día? La pena de muerte en Japón”.
Aínda non hai comentarios.


