Blog de César Salgado

Cristóbal de Morales: “Circumdederunt me gemitus mortis”

Hoxe encontrei en YouTube dúas interpretacións do “Circumdederunt me gemitus mortis” escrito por Cristóbal de Morales (ca. 1500 – 1553).

Unha das miñas fontes preferidas de partituras é a páxina que Nancho Álvarez dedica á música de Tomás Luis de Victoria. Pero alí non so hai música deste grande compositor, e encontraremos unha boa transcripción do “Circumdederunt…”, feita polo excelente musicólogo Higini Anglès. Está na sección de partituras de Cristóbal de Morales.

A primeira interpretación que encontrei hoxe procede do canal en YouTube de OedipusColoneus, e destaca pola súa claridade:

A segunda interpretación que encontrei hoxe é da Capella Reial de Catalunya, dirixida por Jordi Savall, e procede do canal en YouTube de margotlorena, coma sempre en formato didáctico, mostrando a partitura segundo se escoita o canto:

O texto, “Circumdederunt me gemitus mortis, dolores inferni circumdederunt me”, cita dous versículos do salmo número 18 (número 17 na Vulgata).

Setembro 9, 2007 - Publicado por César Salgado | Cristóbal de Morales, Music, Tomás Luis de Victoria, Vocal music | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario