Blog de César Salgado

Vídeo didáctico: Kyrie da “Grande Misa” en “dó menor” de Mozart

Xa falei da impresión que me causou este Kyrie a primeira vez que o escoitei. Foi na anotación Mozart: Kyrie da “Grande Misa” en “dó menor” KV 427 (417a).

Hoxe traio aquí un dos vídeos didácticos que podemos encontrar no canal en YouTube de margotlorena, onde escoitámo-la música de Mozart (disque dirixida por Neville Marriner para a película Amadeus) e vemos un vocal score ó mesmo tempo:

Para unha edición completa da partitura, podemos acudir á Neue Mozart-Ausgabe (Digital Mozart Edition).

Thank you all for sharing culture!

Setembro 15, 2007 - Emitido por César Salgado | Mozart, Music, Vocal music | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario