Blog de César Salgado

17 Setembro 2007

Xa está “na rúa” o OpenOffice.org 2.3.0

Gardado en: Software — César Salgado @ 19:15

Xa saíu unha nova versión estable (a 2.3.0) da suite ofimática OpenOffice.org (abreviado, OOo). Por dicilo con poucas palabras, esta suite é o conxunto de programas que millóns de persoas, institucións e empresas usamos como alternativa (libre e gratuíta) ó coñecido Microsoft Office.

O aforro non é a única vantaxe. Vou mencionar tres máis:

  • o código aberto permite que programadores de todo o mundo colaboren na millora dos programas
  • o uso de estándares abertos permite o intercambio universal de documentos sen depender dun programa ou sistema operativo determinado
  • non so hai versión de OOo para Windows, tamén hai versións para Mac, Linux e outros sistemas operativos

Para saber máis podes empezar por le-lo artigo na Wikipedia en español sobre OpenOffice.org.

Aínda non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS feed for comments on this post.

Deixar un comentario

Bloguea en WordPress.com.