Blog de César Salgado

20 anos desde o accidente radioactivo de Goiânia

Estes días cúmprense 20 anos desde o accidente radioactivo de Goiânia (Brasil). Decenas de persoas morreron, e centos padeceron enfermidades, despois de seren contaminadas con cesio-137.

A contaminación procedía dun aparello de radioterapia que uns ferrallistas encontraron nun hospital abandonado. Os ferrallistas non sabían que contiña material radioactivo, desmontaron o aparello e vendérono. O cesio-137 era un pó parecido ó sal e chamou a atención de moita xente porque brillaba na escuridade cunha fermosa luz azul. O pó repartiuse entre varias persoas, que comezaron a enfermar, pero durante varios días ninguén reparou na causa.

Cando por fin se descubriu que o mal viña da radioactividade, as autoridades enviaron bombeiros e policías á zona para a evacuación, pero non os informaron nin lles deron protección ningunha. Moitos deles enfermaron despois…

Greenpeace Brasil recordou con varios actos de protesta que segue a haber unha grande inseguridade no tratamento do material radioactivo e, en especial, na industria da enerxía nuclear.

Enlaces relacionados:

Setembro 22, 2007 - Posted by César Salgado | Brazil, Greenpeace, Human Rights, Nature, Politics, Radioactivity | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario