Blog de César Salgado

22 Setembro 2007

España: procesado por queimar unha foto dos “reis”

Gardado en: Gianni Rodari, Human Rights, Politics, Spain — César Salgado @ 17:09

Non sei se en España estaremos a vivir unha “involución” no tocante á liberdade de expresión. Se hai dous meses tiñamos que falar do secuestro da revista El Jueves e do proceso ós humoristas que fixeran unha caricatura dos “príncipes”, agora temos que falar, ademais, do proceso a un independentista catalán por un violentísimo delicto que pon en perigo a seguridade do Estado: queimar unha foto dos “reis”.

Na prensa:

Cuestionar valores sagrados e aldraxar símbolos dos mesmos son delictos terribles nun sistema teocrático como o noso… ¿ou era democrático? Quizá dúbidas como a miña as poidan resolver algún día os alumnos que comezan agora a nova materia do currículo, “Formación do Espírito Nacional”… ¿ou era “Educación para a Cidadanía”?

O escritor e pedagogo Gianni Rodari, quen formulaba miles de preguntas como método de creación, respondeu a unha delas con desacostumada contundencia: “¿Por que os reis son reis? Os reis son reis porque o din eles. Pero sono so mentras a xente llelo permite. Cando o pobo se dá conta de que os reis son persoas como as demais e ten forza abondo para botalos, proclámase a república. [...]“

A ver se aprendemos.

2 Comentarios »

  1. Nada ten que ver a liberdade de expresión coa queima pública e enmascarada das fotografías dun xefe de estado, sexa este rei o presidente dunha repúplica. En calquera caso, o delicto de calumnias ou inxurias o xefe do estado non é un “delicto gravísimo”. Simplemente é un delicto (non as fagas non as temas), penado con multa de 4 a 24 meses. Delictos gravísimos son, entre outros, o asasinato ou a violación, que alcanzan penas de ate 25 anos de prisión no primeiro dos casos e de ate 15 nas segundas. Estou convencido que ha de haber outros xeitos bastante máis civilizados para a defensa da ideoloxía de cada ún, incluida a discrepancia co réxime político constitucional. Por certo, o desafortunado nome e contido da nova materia escolar tamén a min me traen recordos (anque de ouvidas) de outros tempos. Ahí si o goberno debería deixar plena e aboluta liberdade de conciencia para que os pais decidiran sobor da educación que lle queren dar os seus fillos, inda que Dios me libre de que nese senso sexan antendidos os requerimentos da igrexa católica, último reducto do Absolutismo europeo.

    Comentario�Comentarios por Bombardino — 27 Setembro 2007 @ 08:59

  2. Estou plenamente co pensamento de Gianni Rodari. Eu permítome engadir que di sobor dos reis é perfectamente extensible a calquera cargo público, dende a máis alta maxistratura ate o último concelleiro ou alcalde pedáneo de este país. Niso, anque non solo, consiste precisamente a democracia. De todolos xeitos insisto na idea de que para a realización deses cambios, sempre desexables e necesarios, existen conductos máis que suficientes para levalos a cabo, sen necesidade de violencia de ningún xénero.

    Comentario�Comentarios por Bombardino — 27 Setembro 2007 @ 09:17


RSS feed for comments on this post.

Deixa un comentario

Bloguea en WordPress.com.