España: anuncian a saída de “Público”, diario dirixido por Ignacio Escolar
Grupo MEDIAPRO anuncia a saída (este mércores, día 26 - IX - 2007) dun novo diario en España, Público, coa intención declarada de facer prensa de calidade e, ademais, competir cos grandes, léase El País, El Mundo, ABC…
Para saber máis sobre as pretensións e sobre o equipo humano de primeira categoría que poñerá isto en marcha, nada millor que ler unha entrevista que lle fan ó director, Ignacio Escolar, os lectores do seu blog: “Todo lo que siempre quiso saber sobre Público”.
Non sei se poderán cumprir tantas promesas, e tampouco sei se o público español estará preparado para un diario de calidade, pero merece a pena ver como o intentan…
P. S. (26 - IX - 2007): o que vin hoxe na edición de papel (e a web por aí lle anda) é decepcionante. Publicidade por todas partes. Tópicos “progres” nas frecuentes declaracións de intencións. Carencia de elaboración, contraste e profundidade no tratamento informativo. Complacencia co Goberno ou propaganda descarada do mesmo. Seguidismo acrítico do resto da prensa occidental en asuntos tan graves como o de Birmania.
Debo supoñer que os profesionais que deixaron outros traballos para facer este xornal saberán reconducir este cúmulo de despropósitos. Se non, van ter que regalar moitas máis películas para vender exemplares…
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
