Blog de César Salgado

Monteverdi: dous madrigais do VIII libro para un soneto de Petrarca

Claudio Monteverdi (1567 – 1643) é recoñecido como o máis grande compositor da súa época. Entre outras cousas a súa obra mostra a transición entre a prima prattica e a seconda prattica, características do Renacemento e do Barroco, respectivamente.

Hoxe, gracias ó canal en Youtube de OedipusColoneus, traio, nunha excelente interpretación, dous madrigais do oitavo libro (Madrigali guerrieri, et amorosi con alcuni opuscoli in genere rappresentativo…), “Hor che’l ciel e la terra” e “Così sol d’una chiara fonte viva”. Do primeiro hai transcripción na páxina de partituras de Monteverdi na CPDL. Do segundo non encontrei transcripción.

O texto dos dous forma un soneto de Francesco Petrarca (1304 – 1374) e está, con traducción ó inglés, na páxina da doutora Laurie Stras:

Hor che ’l ciel e la terra e’l vento tace,
E le fere e gli augelli il sonno affrena,
Notte ‘l carro stellato in giro mena,
E nel suo letto il mar senz’ onda giace.
Veggio, penso, ardo, piango e chi mi sface
Sempre m’è in anzi per mia dolce pena,
Guerra è il mio stato d’ira e di duol piena
E sol di lei pensando ho qualche pace.
Così sol d’una chiara fonte viva
Move ‘l dolce l’amaro ond’ io mi pasco
Una man sola mi risana e punge
Perchè ‘l mio martir non giunge a riva,
Mille volt’il dì moro e mille nasco,
Tanto da la salute mia son lunge.

P.S. (1 – IV – 2008). Releo hoxe o soneto, paro nos catro verbos do verso quinto “Veggio, penso, ardo, piango…” e reparo en que xa Marcus Tullius Cicero (106 – 43 a.C.) escribira “Abiit, excessit, evasit, erupit” (In Catilinam II, 1). Para catro frases que sei en latín e non me dera conta ata hoxe…

Setembro 25, 2007 - Publicado por César Salgado | Language, Literature, Monteverdi, Music, Petrarca, Vocal music | | 2 Comentarios

2 Comentarios »

  1. Ó fío do teu post, estes días ando a escoitar a gravación do libro primo de madrigali feita por Delitiae Musicae, dirixidos por Marco Longhini (Naxos). Ben vale a pena. Saúdos.

    Comment por Bombardino | Setembro 26, 2007 | Comentario

  2. Sobre o anterior, tiven a grande sorte de poder escoitar en directo a versión que de “Baci soavi e cari” fixo o Coro Euridice de Bolonia dirixido por Pier Paolo Scatolin, no obradoiro de dirección de coro que xunto o Consorcio de Santiago, organizou o Collegium Compostellanum ó que pertenzo. Unha xoia. Pode que nestes días postee algo no meu blog sobre o asunto.

    Comment por Bombardino | Setembro 26, 2007 | Comentario


Deixa un comentario