Slideshow con fotos do outono e música de Vivaldi
Acabo de encontrar, gracias ó blog Musicanaescola, unha presentación (slideshow) elaborada por Isidro Vidal Uraga con fotografías sobre o outono e unha coñecida música de fondo composta por Antonio Vivaldi (1678 – 1741): unha parte do concerto para violín solista, cordas e baixo continuo en “fa maior” titulado “L’autunno” (que fai o número 3 no opus 8, Il cimento dell’armonia e dell’inventione).
Mireina, escoiteina e pareceume un traballo ben feito e mesmo útil para a aula. A presentación encóntrase no enderezo http://www.slideshare.net/isidro/otoo, e as fotos vense moito millor se pinchamos na esquina inferior direita, onde pon “full”… :-)
Hai unha transcripción do referido concerto na páxina de partituras de Vivaldi no IMSLP.
Aínda non hai comentarios.


