Blog de César Salgado

“Hermano Lobo” en internet

Coñezo, a través de chuza!, que dixitalizaron e puxeron a disposición do público os números todos dunha das millores revistas de humor gráfico que houbo en España, publicada por Ediciones Pléyades entre o 1972 e o 1976. Nela colaboraban Perich, Forges, El Roto, Chumy Chúmez…

Falo de “Hermano Lobo (semanario de humor dentro de lo que cabe)”, que sufriu a censura e o secuestro naqueles días de dictadura e “transición”, censura e secuestro que volven estar de moda nestes días de presunta democracia: este mesmo ano as autoridades españolas retiraron da circulación un número de El Jueves e procesaron a uns mozos por queimaren fotos do “rei”.

Setembro 30, 2007 Posted by César Salgado | History, Human Rights, Humour, Politics, Spain | | Non hai comentarios