Blog de César Salgado

Horario de inverno: faltan tres semanas

A calquera que veña do centro de Europa (por exemplo de Hungría, onde eu pasei un mes de “visita académica” no Instituto Kodály) o horario de moitos escolares galegos, en certas épocas do ano, halle parecer antipedagóxico ou, como mínimo, extravagante.

Durante medio curso, moitos alumnos entran nas aulas antes de que saia o sol. Da hora á que se erguen non falemos. Coñezo unha parroquia de Agolada onde o autobús que os leva pasa hora e media antes do comezo das clases, que son nun instituto de Lalín…

Na páxina de MeteoGalicia podemos consulta-las horas, para calquera data, de orto e ocaso do sol nas cidades galegas (para calquera outro lugar do mundo, podemos usa-la Sunrise / Sunset Calculator).

O cambio entre horario de inverno (UTC + 1) e horario de verán (UTC + 2) vén regulado en Galicia, como no resto de España, polo “Real Decreto 236/2002, de 1 de marzo, por el que se establece la hora de verano” publicado no BOE do 2 - III - 2002. Prodúcense estes cambios, coordinadamente en toda a Unión Europea, o último domingo de marzo (adianto dos reloxos) e o último domingo de outubro (atraso dos reloxos).

Pero o que falla en Galicia é claramente perceptible ó cruza-la fronteira portuguesa: estamos no fuso horario equivocado…

Outubro 7, 2007 - Emitido por César Salgado | Education, Galicia, Nature, Politics, Spain | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario