Blog de César Salgado

17 Outubro 2007

Bach versiona a Vivaldi (sen pagar direitos de autor)

Gardado en: Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Organ, Recorder, String music, Vivaldi — César Salgado @ 22:47

Hoxe en día son frecuentes os conflictos entre as persoas, que queren acceder libremente ós bens culturais, e as sociedades ou corporacións que, abusando da xestión dos direitos de autor, pretenden criminalizar ese acceso.

Desde hai uns días o blog Musicanaescola ofrécenos tres versións da mesma obra:

  • A orixinal de Vivaldi: terceiro movemento do Concerto grosso para violín en “re menor” RV 565
  • A transcripción feita por J. S. Bach para órgano BWV 596
  • Unha transcripción para cuarteto de flautas de bico (dúas soprano, tenor e baixo) interpretada polo Amsterdam Loeki Stardust Quartet

¿Denunciaría hoxe Vivaldi a Bach? ¿E ó cuarteto de flautas? Chi lo sa

Os alfabetos non occidentais son oficiais en Internet

Gardado en: Politics — César Salgado @ 10:45

Copio e pego a noticia aparecida na web da Asociación PuntoGal:

Os alfabetos non occidentais son oficiais en Internet

Luns, 15 Outubro 2007

Os nomes dos sitios de internet poderán finalmente ser redactados integramente en once alfabetos non-occidentais, desde o hindi ata o chinés, despois de que a ICANN os recoñecese, como reclamaban desde fai anos numerosos países.

O luns, a ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers), con sede en California, que administra as direccións internet mundiais xunto a homólogos doutros países, probará mundialmente os dominios en once alfabetos: árabe, persa, chinés simplificado e tradicional, ruso, hindi, grego, coreano, hebreo, xaponés e tamil.

Os centos de millóns de internautas que utilizan estes idiomas poderán probar no sitio da ICANN direccións con eses carácteres para verificar que funcionen.

Ata agora, a ICANN aceptaba os carácteres non occidentais só para a primeira parte das direccións de sitios.

A última parte, denominada “dominio” (‘.com’) no caso das direccións comerciais ou ‘.cn’ para os sitios chineses, por exemplo, debía escribirse en carácteres latinos (Á Z), os da norma estadounidense ASCII que data dos anos 60.

Podíase por exemplo utilizar os carácteres cirílicos para o inicio do nome dun sitio pero o ‘.com’ debía porse en carácteres latinos. Para o árabe, a primeira parte se tipeaba de dereita a esquerda e logo de esquerda a dereita para o nome de dominio.

Con esta reforma, o nome do sitio poderá ser enteiramente en carácteres non latinos.

“Será un dos maiores cambios de internet desde a súa creación”, comentou o presidente da ICANN Paul Twomey no sitio da organización. Segundo a ICANN, os alfabetos elixidos son os das comunidades que mostraron máis interese pola reforma.

Debido a dificultades técnicas e problemas políticos para coordinar múltiples países, á ICANN levoulle sete anos aplicar a súa decisión de cambiar os dominios internacionais, aprobada en 2000. A integración dos alfabetos múltiples no inicio dos nomes dos sitios data de 2003.

Namentres, cansados de esperar, unha ducia de países como China, Rusia ou Corea crearon direccións en alfabeto local, acusando a Estados Unidos de colonialismo dixital. Iniciativas que incrementaron a confusión na Rede, xa que estas páxinas confundíanse coas da ICANN.

“Fai case 10 anos que presentamos ao presidente da ICANN a tecnoloxía para crealos (os dominios políglotas)”, dixo á prensa S. Subbiah, inventor dunha das primeiras normas de nomes multilinguas. “A resposta era, basicamente, ‘estou demasiado ocupado, aprenda inglés’”.

Segundo Subbiah, uns 2 millóns dos 138 millóns de dominios no mundo conteñen carácteres non occidentais.

O primeiro presidente da ICANN, Mike Roberts, recoñeceu que a organización actuou con lentitude: “os enxeñeiros pensaron que utilizar alfabetos non romanos, con todo este crecemento, desestabilizaría internet e provocaría problemas técnicos”, estimou.

Os conflitos políticos fixeron mais lento o proceso. Algúns países cuestionaron o rol do rexistro estadounidense VeriSign, que administra todos os dominios ‘.com’, a metade dos sitios mundiais. Tamén xurdiron outras preguntas delicadas: que organismo administrará os sitios cuxa lingua é utilizado en varios países? Algúns países non aproveitarán iso para reforzar a censura?

Os carácteres diferentes serviron tamén para fraudes, coa utilización dunha ‘a’ rusa, idéntica á ‘a’ occidental pero correspondente a un código informático diferente, para crear un falso sitio de pago Paypal.

A noticia na páxina da ICANN: “My Name, My Language, My Internet: IDN Test Goes Live. ICANN launches global test of Internationalized Domain Names”.

Bloguea en WordPress.com.