Blog de César Salgado

Blogs das bibliotecas escolares galegas

Marta preocúpase outra vez cos asuntos que a min me preocupan e recoméndame esta páxina: Blogs das bibliotecas escolares galegas.

Debo supoñer que non están todas, porque vexo grandes “claros” no mapa. Eu xa coñecía a bitácora colectiva feita arredor da biblioteca do IES “As Mariñas” de Betanzos e titulada “A nosa biblioteca”. Terei que explorar algunha das outras…

Outubro 25, 2007 Posted by César Salgado | Education, Galicia, Literature | | 1 comentario

Alessandro Marcello: concerto para oboe en “re menor”

Gracias ó canal en YouTube de OedipusColoneus podemos escoitar unha versión dun coñecido concerto para oboe, cordas e baixo continuo, en “re menor”, de Alessandro Marcello (1669 - 1747). Johann Sebastian Bach fixo unha transcripción para teclado (BWV 974).

Creo que esta interpretación é de Il Giardino Armonico:

Outubro 25, 2007 Posted by César Salgado | Alessandro Marcello, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, String music, Wind music | | 1 comentario