Blog de César Salgado

Xa está “na rúa” a versión 4.5 do Notepad++

Xa está disponible unha nova versión estable, a 4.5, do Notepad++, que eu defino como un lixeiro pero completísimo editor de texto e HTML.

Quero dicir: eu úsoo para iso, pero os programadores saberán apreciar que recoñeza a sintaxe de ducias de linguaxes máis, como C, C++, XML, CSS, PHP, Java, Perl, JavaScript, SQL, Python, TeX, etcétera.

E o millor de todo, é totalmente aberto e gratuíto (licencia GPL). Un único inconveniente: so funciona en Windows, aínda que tamén pode funcionar en Linux coa axuda de Wine.

Outubro 27, 2007 Emitido por César Salgado | Software | | Non hai comentarios

Buxtehude: Toccata in d (Bernard Foccroulle, Orgel)

Tamén no canal en YouTube de JanPB encontrei este vídeo coa Toccata en “re menor” BuxWV 155, unha xoia composta por Dieterich Buxtehude (1637 - 1707) e interpretada ó órgano por Bernard Foccroulle:

Notas:

  • Esta non a encontrei, pero merece a pena a páxina de partituras de Buxtehude no Werner Icking Music Archive
  • O nome de Buxtehude pode aparecer escrito Dieterich, Dietrich, Diderik ou Diderich
  • BuxWV é a abreviatura de Buxtehude-Werke-Verzeichnis (catálogo das obras de Buxtehude)
  • Buxtehude foi unha grande influencia na música do seu tempo, especialmente na de Johann Sebastian Bach; é famosa, e fermosa, a anécdota da viaxe a pé de catrocentos quilómetros que fixo Bach (quen faltaba ademais ás súas obrigas laborais) para aprender do mestre Buxtehude (isto sucedeu entre 1705 e 1706)

Outubro 27, 2007 Emitido por César Salgado | Buxtehude, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Organ | | 1 comentario

Un órgano de tubos alimentado á man (a hand-pumped organ)

Encontrei un interesante vídeo, no canal en YouTube de JanPB, onde se mostra un órgano que conserva o sistema manual con foles para subministrar aire ós tubos onde se produce o son.

Este instrumento está nunha pequena localidade da “Tierra de Campos”, chamada Castromocho e situada na estrada que vai de Palencia a Benavente (N-610), a 27 km de Palencia.

Toca o órgano Francis Chapelet:

Outubro 27, 2007 Emitido por César Salgado | Keyboard music, Music, Organ, Spain | | Non hai comentarios

Some interesting quotes about religion

Acabo de encontrar, no interesante canal en YouTube de liptontea007, dúas presentacións con citas de filósofos e intelectuais sobre relixión, seleccionadas para loitar contra o dogmatismo das igrexas ou sectas. Mesmo para os que temos fe en Deus, militemos ou non nunha organización confesional, estas palabras botan luz sobre territorios escuros. A luz é necesaria, aínda que nos pase factura… :-)

As presentacións van rápido de máis para a reflexión que moitos destes pensamentos precisaría, e mesmo para o meu dominio do inglés… O autor da selección di que a maioría das citas proveñen da páxina “Positive Atheism” e que tamén se inspirou na serie da BBC “Atheism: a rough History of disbelief”.

A música de fondo é unha interpretación ó piano de fragmentos do Clavier-Übung (en concreto da parte IV, BWV 988, coñecida popularmente como “variacións Goldberg”). Pódese acceder a unha edición completa desta obra na páxina da Bach-Gesellschaft Ausgabe (einam.com), e a varias transcripcións parciais na páxina de partituras de J. S. Bach no Werner Icking Music Archive e na páxina de partituras de J. S. Bach no Mutopia Project.

Some interesting quotes about religion (part 1):

Some interesting quotes about religion (part 2):

Outubro 27, 2007 Emitido por César Salgado | Education, Johann Sebastian Bach, Philosophy, Religion | | Non hai comentarios