Buxtehude: Toccata in d (Bernard Foccroulle, Orgel)
Tamén no canal en YouTube de JanPB encontrei este vídeo coa Toccata en “re menor” BuxWV 155, unha xoia composta por Dieterich Buxtehude (1637 – 1707) e interpretada ó órgano por Bernard Foccroulle:
Notas:
- Esta non a encontrei, pero merece a pena a páxina de partituras de Buxtehude no Werner Icking Music Archive
- O nome de Buxtehude pode aparecer escrito Dieterich, Dietrich, Diderik ou Diderich
- BuxWV é a abreviatura de Buxtehude-Werke-Verzeichnis (catálogo das obras de Buxtehude)
- Buxtehude foi unha grande influencia na música do seu tempo, especialmente na de Johann Sebastian Bach; é famosa, e fermosa, a anécdota da viaxe a pé de catrocentos quilómetros que fixo Bach (quen faltaba ademais ás súas obrigas laborais) para aprender do mestre Buxtehude (isto sucedeu entre 1705 e 1706)



Qué musica tan maravillosa.
Qué bien interpretada. De ahí al paraiso.
Enhorabuena
Comment por A. Luis Fr. | Novembro 23, 2007 |