Blog de César Salgado

Roma children denied equal education in Slovakia and the Czech Republic

Esta semana a segregación dos nenos Roma na educación pública europea foi noticia por varios motivos: Human Rights Watch (HRW) publicou unha nota de prensa sobre a decisión do Tribunal Europeo dos Direitos Humanos sobre a discriminación nas escolas da República Checa; e Amnistía Internacional (AI) publicou un informe sobre unha discriminación análoga en Eslovaquia.

A nota de prensa de HRW leva por título “Roma Children Denied Equal Education: Ruling Finds Czech Policy of Special Schools Discriminatory”.

O informe de AI leva por título “Slovakia: Still separate, still unequal. Violations of the right to education of Romani children in Slovakia” (PDF, 812 KB).

Hai tres semanas xa falara aquí sobre un breve informe de AI que denunciaba a discriminación en países como Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Grecia, Hungría, Macedonia, Montenegro, Romanía, Serbia, Eslovaquia e Eslovenia. Foi na anotación “AI briefing on discrimination against the Roma community”.

Tamén enlazara daquela a páxina do European Roma Rights Centre. Hoxe poño outro enlace máis, dunha ONG que traballa en España: Fundación Secretariado Gitano.

Novembro 17, 2007 - Posted by César Salgado | Amnesty International, Bosnia and Herzegovina, Bulgaria, Croatia, Czech Republic, Education, Greece, Human Rights, Human Rights Watch, Hungary, Macedonia, Montenegro, Politics, Romania, Serbia, Slovakia, Slovenia, Spain | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario