Blog de César Salgado

Roald Dahl e o “politicamente correcto”

Estamos a ler na aula o libro de Roald Dahl que leva por título “Charlie and the Chocolate Factory”, na traducción ó español editada por Alfaguara (ISBN: 9781598200591 ou 9788420464503).

Este libro foi un grande éxito desde a súa primeira publicación (1964). Sobre o seu argumento fixéronse dúas películas, “Willy Wonka & the Chocolate Factory” (1971) e “Charlie and the Chocolate Factory” (2005) e mesmo videoxogos.

Pero o libro foi denunciado como racista debido a que uns personaxes (os Oompa-Loompa) eran pigmeos, procedían de África e traballaban como escravos na fábrica de chocolate. As críticas provocaron unha revisión do libro (texto e ilustracións) para facelo “politicamente correcto”.

A miña opinión é que a versión orixinal do libro describe de forma máis eficaz a contradicción de clase e de raza que os denunciantes din combater… Pero sempre encontramos talibáns das formas que cren que queimar unha bandeira ou a foto dun “rei” é un grave delicto contra o Estado. Sempre haberá censores da fala e da escrita, aniquiladores da liberdade de expresión que, por exemplo, pensan que se pode impoñer unha “linguaxe non sexista” ou “non racista” ou “non homófoba”, como se o sexismo, o racismo, a homofobia se curasen por cambia-la forma de falar deles. Penso que é ó revés. O cáncer non se cura por chamarlle “neoplasia”.

Non sería xusto se non mencionase que Roald Dahl tamén foi acusado de antisemitismo. Segundo a Wikipedia en inglés:

[...] In the summer of 1983, he wrote a book review for the Literary Review of God Cried by Newsweek writer Tony Clifton, a picture book about the invasion of Lebanon by Israel. Dahl’s review stated that the Israeli attack on Lebanon in June 1982 was when “we all started hating Israel,” and that the book would make readers “violently anti-Israeli”. [...]

Para min está claro que tiña amigos xudeus e que, a pesar da propaganda, non era antisemita senón antisionista.

P.S. (25 – XI – 2007). Na versión en español que estamos a ler, os Oompa-Loompa son descritos no texto como unha raza diminuta de pigmeos de pel “case negra”, traídos de África, pero as ilustracións son distintas segundo o exemplar. Os que levan as ilustracións de Quentin Blake mostran ananos brancos, excepto na escena que evoca o encontro entre Willy Wonka e o xefe da tribo africana. Os que levan as ilustracións de Faith Jaques mostran claramente ós ananos como negros.

P.S. (15 – III -2007). Encontrei unha versión en galego: “Charlie e a fábrica de chocolate”, traducción de Alberto Avendaño (Edicións do Cumio, Vigo, 1989; ISBN: 9788487126048). Aquí o capítulo onde se describe ós Oompa-Loompa non fala da cor da pel nin de África, inventa un país chamado “Loompalandia”, e o ilustrador, Michael Foreman, píntaos brancos. Creo que son o texto e as ilustracións da edición orixinal estadounidense…

Novembro 22, 2007 - Publicado por César Salgado | Education, Human Rights, Israel, Language, Lebanon, Literature, Politics, Propaganda | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario