Blog de César Salgado

25 Novembro 2007

Verdi: “Parmi veder le lagrime” (Giuseppe Di Stefano)

Gardado en: Music, Opera, Verdi, Vocal music — César Salgado @ 18:52

Gracias ó canal en YouTube de CantStandYaCostanza podemos gozar cunha gravación histórica do tenor Giuseppe Di Stefano, interpretando dous coñecidos números de ópera.

Escribiunos Giuseppe Verdi (1813 – 1901) para a ópera que leva por título Rigoletto (1851). Os números son “Ella mi fu rapita!” e “Parmi veder le lagrime”:

Hai un vocal score disponible nesta páxina da Indiana University Digital Library. O seguinte texto copieino do libretto que encontrei en www.giuseppeverdi.it:

Ella mi fu rapita!
E quando, o ciel… ne’brevi istanti, prima
che il mio presagio interno
sull’orma corsa ancora mi spingesse!
Schiuso era l’uscio!… e la magion deserta!
E dove ora sarà quell’angiol caro?…
colei che prima potè in questo core
destar la fiamma di costanti affetti?…
colei sì pura, al cui modesto sguardo
quasi spinto a virtù talor mi credo!…
Ella mi fu rapita!
E chi l’ardiva?… Ma ne avrò vendetta,
lo chiede il pianto della mia diletta.
Parmi veder le lagrime
scorrenti da quel ciglio,
quando fra il dubbio e l’ansia
del subito periglio,
dell’amor nostro memore,
il suo Gualtier chiamò.
Ned ei potea soccorrerti,
cara fanciulla amata,
ei che vorria coll’anima
farti quaggiù beata;
ei che le sfere agli angeli,
per te non invidiò.

Juan del Encina: “Todos los bienes del mundo”

Gardado en: Cancionero de Palacio, Juan del Encina, Literature, Music, Vocal music — César Salgado @ 18:21

Juan del Encina (1468 – 1529; tamén escrito Enzina ou Ensina) é un dos máis grandes poetas e compositores da nacente España, no final do século XV e no principio do XVI. A maioría das obras que se conservan del están no Cancionero Musical de Palacio (CMP) e outras compilacións análogas. Alí está este precioso “Todos los bienes del mundo”, que podemos escoitar gracias ó canal en YouTube de OedipusColoneus, interpretado polo grupo vocal e instrumental que dirixe Jordi Savall:

O texto está copiado da obra Poesía lírica y cancionero musical, de Royston Oscar Jones e Carolyn Lee (Castalia, Madrid, 1975; ISBN: 9788470391910). Respectei a ortografía dos editores, que fan algunhas “correccións” e deixan outras cousas “sen corrixir”:

Todos los bienes del mundo
pasan presto y su memoria,
salvo la fama y la gloria.

El tiempo lleva los unos,
a otros fortuna y suerte,
y al cabo viene la muerte,
que no nos dexa ningunos.
Todos son bienes fortunos
y de muy poca memoria,
salvo la fama y la gloria.

La fama bive segura
aunque se muera su dueño;
los otros bienes son sueño
y una cierta sepoltura.
La mejor y más ventura
pasa presto y su memoria,
salvo la fama y la gloria.

Procuremos buena fama,
que jamás nunca se pierde,
árbol que siempre está verde
y con el fruto en la rama.
Todo bien que bien se llama
pasa presto y su memoria,
salvo la fama y la gloria.

En canto ás partituras, hai transcripcións no libro que acabo de citar, así como na edición de Higinio Anglés do CMP (La música en la corte de los Reyes Católicos, Instituto Español de Musicología, Barcelona, 1947 e 1951), na de Miguel Querol Gavaldá (La música española en torno a 1492, vol. I, Diputación Provincial de Granada, 1992; ISBN: 9788478070817) e na Choral Public Domain Library.

Un feito sorprendente é que todas dividan os compases seguindo un tempo binario, cando o metro é o mixto característico de miles de músicas populares: 3 por 4 alternado con 6 por 8 ou, se queremos usa-los valores da época, 3 por 2 alternado con 6 por 4. O contrario obriga a “inventar” hemiolias constantemente…

Beethoven: Symphony No.5, Op.67, mov. 1 (Bernstein)

Gardado en: Amnesty International, Beethoven, Human Rights, Music — César Salgado @ 16:40

Gracias ó canal en YouTube de shostakk podemos gozar dunha magnífica interpretación da sinfonía número 5, opus 67, de Ludwig van Beethoven (1770 – 1827). Esta interpretación tivo lugar no 1976, nun concerto a favor de Amnistía Internacional, organización de Direitos Humanos que recibiría o premio Nobel da paz no ano seguinte. A orquestra é a Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks. O director é Leonard Bernstein.

Aí vai o coñecidísimo primeiro movemento, pero é un pecado non escoitar toda a sinfonía:

Para comparar, e seguir gozando, podedes acudir á anotación onde enlazo unha interpretación desta obra dirixida por Arturo Toscanini: “Beethoven: Symphony No.5, Op.67, movs. 2 and 3 (Toscanini)”.

Bloguea en WordPress.com.