Blog de César Salgado

William Ballet lute book: “The Hornpipe”

Outro regalo máis do canal en YouTube de Valéry Sauvage: “The Hornpipe”, unha peza do William Ballet lute book (Dublin, ca. 1600).

Tamén deste libro, e tamén tocadas por Valéry Sauvage nun laúde feito por Stephen Murphy, xa incluíra dúas pezas na anotación “William Ballet lute book (Dublin, ca. 1600)”: “Queene Marie’s Dump” e “Jigge”.

Decembro 31, 2007 Posted by César Salgado | Lute, Music, String music | | Non hai comentarios

Jacobus van Noordt: “Malle Symes” (recorder)

Hoxe encontrei, no canal en YouTube de recorderson unha fermosa peza, que consta dun tema e variacións, tocada coa flauta de bico. O título é “Malle Symes” e o autor, Jacobus van Noordt, quen viviu nos Países Baixos no século XVII e pertencía a unha familia de músicos: era fillo de Sybrandus van Noordt senior e irmán de Anthoni van Noordt.

P.S. (2 - I - 2008). Parece que esta canción foi moi popular e aparece en decenas de arranxos. Por exemplo, no canal en YouTube de Valéry Sauvage temos outra versión desta melodía, composta para laúde por Nicolas Vallet co título “Mal Simmes bal Anglois”:

Ademais, no canal en YouTube de Domitila Ballesteros hai unha versión para órgano composta por Jan Pieterszoon Sweelinck (1562 – 1621) baixo o título “Malle Sijmen”:

Desculpamos ese horrible pasar de páxina polo interese da peza… :-)

Thank you all for sharing culture!

Decembro 31, 2007 Posted by César Salgado | Jacobus van Noordt, Keyboard music, Lute, Music, Nicolas Vallet, Organ, Recorder, String music, Sweelinck, Wind music | | Non hai comentarios

Santiago Prado Conde: “Novas minorías nas institucións educativas”

Xa falei nesta bitácora do meu amigo de Melide, o antropólogo (e, á fin, doutor) Santiago Prado Conde, máis coñecido como Chago.

Falo outra vez del porque Sotelo Blanco Edicións publicou o traballo ó que daquela fixen referencia e co que gañou o Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais. O título co que saíu o libro é un pouco máis curto que o do traballo, Novas minorías nas institucións educativas (ISBN: 9788478245260).

Hai en Vieiros unha reseña sobre o libro escrita por Xerardo Pereiro, antropólogo e profesor na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.

Por certo, que debo agradecer a Chago, Xerardo, Rut e demais familia que me mostrasen hoxe o castelo de Pambre (por fóra, que para velo por dentro dependes do propietario), así como outras marabillas en pan e queixo que se producen por aquela terra (Palas de Rei, Antas de Ulla).

Graciñas e parabéns… :-)

Decembro 29, 2007 Posted by César Salgado | Education, Galicia, Politics | | Non hai comentarios

O mestre conta anécdotas do trimestre (II)

Estaba eu falando de Gramática, materia pouco semellante a un videoxogo no seu ritmo, polo que é fácil perde-la concentración. Era a enésima vez que explicaba a diferencia entre determinantes e pronomes e, por fuxir do tedio e intentar que algunhas palabras entrasen por un oído e non volvesen saír polo outro, introducín unha comparación un tanto forzada: “Realmente son as mesmas palabras, pero teñen doble personalidade. Pásalles como ó doutor Jekyll con mister Hyde”.

Sen remata-la explicación, que eu xa supoñía necesaria, sentín que me interrompía un alumno dicindo: “Profe, non nos fales de cousas do século XX, que nós somos do século XXI”.

Imaxino que o alumno so pretendía ser “gracioso”. Debo recoñecer que acertou en que non se pode ensinar sen ter en conta os cambios nas circunstancias culturais, sociais, económicas… Así que non é de todo unha impertinencia, pero debo sinalar un erro conceptual que subxace neste exabrupto e en grande parte da nosa cultura, o desprezo polo pasado… ¿non repetiu o xenial Isaac Newton que “vira máis lonxe porque se subira nos ombros de xigantes”?

A todo isto, resulta que nin do século XX lles falaba: “Strange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde” é unha novela publicada no 1886, escrita por Robert Louis Stevenson (1850 - 1894), a quen moitos coñecemos en primeiro lugar por “A illa do tesouro”

Decembro 29, 2007 Posted by César Salgado | Education, Language, Literature | | Non hai comentarios

O mestre conta anécdotas do trimestre (I)

Os meus alumnos, de sexto de Educación Primaria, fixeran unha “actividade” escrita das que aparecen no libro de texto: “Escribe o que cres que precisas para seres feliz”.

As respostas eran case sempre as mesmas e escritas coa mesma orde: cartos, xoguetes (basicamente videoconsolas e trebellos tecnolóxicos), amigos, saúde, familia, nalgún caso [o amor de] ídolos da televisión, estudios…

Cando xa leran case todos as súas respostas, unha das alumnas que quedaban leu a súa lista de desexos particular. Era longa, similar ás demais, pero rematou con sorpresa: “[...] e que César sexa moi feliz [pequena pausa para ergue-la vista e mirarme directamente] dando clase en América”.

Xa daquela tiñamos planificado parte do traballo do próximo trimestre, e non tiven ofertas para millora-lo meu emprego, así que graciñas pola sutil ironía.

Decembro 28, 2007 Posted by César Salgado | Education | | Non hai comentarios

HRW press release: new law extends prosecutions for genocide in the United States

Human Rights Watch publicou estes días unha nota de prensa na que dá conta dun cambio lexislativo recentemente aprobado nos Estados Unidos, que permitirá perseguir ós acusados de xenocidio aínda que non sexan estadounidenses. Con todo, as institucións das Nacións Unidas, e o marco dentro do que se ratifican as normas do Direito Internacional, están bloqueados polos vetos e as reservas que pon cada país ó adherirse ós tratados, máis vetos e máis reservas canto máis poderoso é o país…

A nota de prensa leva por título “US: New Law Extends Prosecutions for Genocide”. Copio a continuación o seu texto:

The Genocide Accountability Act closes a loophole by allowing the United States to prosecute individuals for taking part in genocide abroad, Human Rights Watch said today. President George W. Bush signed the bill into law on December 21, 2007.

“The new law will help prevent the United States from becoming a safe haven for perpetrators of genocide,” said Kenneth Roth, executive director at Human Rights Watch. “Its adoption sends an important signal of US commitment to bring to justice those who are responsible for this most heinous crime.”

The new law supersedes the Genocide Convention Implementation Act, which allowed for the prosecution of only US citizens for participation in genocide abroad. Under the new law, introduced by Senator Richard Durbin, prosecutors can pursue even non-citizens involved in genocide outside the United States.

The Justice Department is investigating several men suspected of taking part in genocide in Rwanda and Bosnia who allegedly entered the United States under false pretenses. However, under the old US law, they could not be prosecuted for genocide because they are not American citizens and their alleged crimes were committed outside of the United States.

Under the Genocide Convention [Convention on the Prevention and Punishment of the Crime of Genocide], which the US ratified in 1988, genocide means killings and other serious criminals acts “committed with intent to destroy, in whole or in part, a national, ethnical, racial or religious group.”

The Genocide Accountability Act is one of three bills introduced by Durbin that would give the United States the authority to prosecute people found in the US who have participated in serious human rights abuses anywhere in the world. The other bills, the Trafficking in Persons Accountability Act and the Child Soldiers Accountability Act, have both been unanimously endorsed by the Senate Judiciary Committee and are awaiting passage by the full Senate.

“We salute Senator Durbin for taking the lead on these crucial human rights issues of the day,” Roth said.

Decembro 27, 2007 Posted by César Salgado | Human Rights, Human Rights Watch, Politics, United States | | Non hai comentarios

Victoria: “O magnum mysterium” (Amici Cantores)

Traio aquí, por terceira vez en poucos días, “O magnum mysterium”, unha das miñas obras corais preferidas, escrita por Tomás Luis de Victoria.

Xa a incluíra nas anotacións “La Lyra Hispana”, “Victoria: ‘O magnum mysterium’ (high school choir)” e “Victoria: ‘O magnum mysterium’ (Kaohsiung Chamber Chorus)”.

A interpretación que traio hoxe é un presente que Marian Domínguez nos ofrece na súa bitácora dedicada á Didáctica da Música, “Nos vemos en el blog”. Canta, na miña opinión magnificamente, un coro amateur italiano, Amici Cantores. Para redondear este regalo, inclúese un slideshow con imaxes de obras de arte e, en subtítulos, a letra en latín coa súa traducción ó español.

Aquí está o enlace: “O magnum mysterium”

¡Gracias a Marian, a Nancho, ós Amici Cantores e a todos aqueles que comparten cultura!

Decembro 27, 2007 Posted by César Salgado | Music, Tomás Luis de Victoria, Visual arts, Vocal music | | Non hai comentarios

FENOSA tenta queimar residuos radioactivos en Meirama

Coñecemos case por casualidade ou, millor dito, gracias a chuza! e á información da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), que a empresa Unión FENOSA tiña previsto queimar en Meirama (concello de Cerceda) varias toneladas de residuos radioactivos procedentes da central nuclear de Almonacid de Zorita (Guadalajara).

As autoridades deberían, como mínimo, informar á poboación sobre a realización destas actividades e sobre os efectos que terían na nosa saúde e no noso medio ambiente.

A noticia completa: “FENOSA tentou queimar refugallos radiactivos en Meirama” (ADEGA, 20 - XII - 2007).

P.S. (27 - XII - 2007). Copio e pego a noticia aparecida no xornal La Opinión - Coruña (21 - XII - 2007): “FENOSA suspende el envío de residuos de la planta nuclear de Zorita a Meirama”.

Innovación asegura que “en ningún caso” el Gobierno gallego permitirá la quema de restos radiactivos. La empresa afirma que no va a enviar ningún tipo de material a Cerceda.

IRENE BASCOY.SANTIAGO. Unión FENOSA mudó ayer por la mañana de planes, dando marcha atrás en su decisión de quemar en la central térmica de Meirama, en el ayuntamiento coruñés de Cerceda, entre 15 y 40 toneladas de residuos procedentes de la central nuclear de Zorita, en pleno proceso de desmantelamiento.

Fue el Bloque de Cerceda el que destapó la polémica, al denunciar que antes de que terminara el mes se iban a trasladar desde Zorita palés “radioactivos” a Meirama. La edil nacionalista Rocío de la Iglesia defendía que ese material había sido clasificado por la propia empresa como “poco contaminante o de baja radioactividad”. Sin embargo, fuentes de la Xunta sostienen que se trataba de “material de la construcción que había sido desclasificado por el Consejo de Seguridad Nuclear“, es decir, se calificó de no radiactivo.

El temor al escándalo y la oposición de la Xunta convencieron a FENOSA, dueña de la térmica de Meirama y de la central nuclear de Guadalajara, de la conveniencia de recular. La Consellería de Innovación confirmaba ayer que cuando “extraoficialmente” tuvo conocimiento de ese traslado de material se puso en contacto con la empresa para manifestarle su “rechazo” a la operación. Fue entonces cuando la compañía comunicó al departamento del nacionalista Fernando Blanco que el transporte y la quema en Meirama de desechos de Zorita quedaba “en suspenso”. Fernando Blanco declaró ayer que “en ningún caso el Gobierno gallego permitirá la quema en Galicia de residuos procedentes de centrales nucleares”.

La Consellería de Medio Ambiente tampoco había sido informada de los planes de Unión FENOSA y cuando saltó la controversia a la luz pública se puso en contacto con la dirección de la empresa que le garantizó que “no se trasladaron ni se trasladarán a Galicia residuos de la central nuclear”. FENOSA también se comprometió a que en el futuro advertiría con antelación a las autoridades de cualquier plan de esta naturaleza. Por su parte, la empresa se limitaba a confirmar a este periódico que “no se van a enviar a Meirama ni residuos radioactivos ni no radioactivos de Zorita”. A la pregunta de si en el futuro podría cambiar de opinión y quemar deshechos de la central nuclear en Cerceda, desde FENOSA se limitaron a contestar “no se sabe” y que en todo caso se haría “con los permisos pertinentes”.

La asociación ecologista ADEGA también reaccionaba y pedía “la vigilancia con lupa” de Meirama. Su coordinador, Fins Eirexas, se preguntaba por “la razón oculta” para “decidir atravesar medio Estado para quemar unos residuos”. A Eirexas lo sucedido le parece “muy raro”, pues cerca de Zorita hay otras plantas donde se podrían destruir los palés. También advierte de que FENOSA incurriría en un “delito” si quemase residuos nucleares en Meirama y recuerda que Galicia fue declarada por el Parlamento territorio desnuclearizado, en el que no se puede producir ni almacenar material nuclear.

Decembro 25, 2007 Posted by César Salgado | Galicia, Human Rights, Nature, Radioactivity, Spain | | Non hai comentarios

Bach: BWV 988, var. 18 (performances comparison)

Hoxe aparece no canal en YouTube de liptontea007 unha interesante comparación entre sete interpretacións dunha das variacións (a XVIII, “canon á sexta”) contidas na parte IV, BWV 988, do Clavier-Übung (coñecida popularmente como “variacións Goldberg”).

Pódese acceder a unha edición completa desta obra na páxina da Bach-Gesellschaft Ausgabe (einam.com), e a varias transcripcións parciais na páxina de partituras de J. S. Bach no Werner Icking Music Archive e na páxina de partituras de J. S. Bach no Mutopia Project.

Os sete intérpretes, ordenados alfabeticamente, son:

P.S. (26 - XII - 2007): probablemente algúns equipos necesitarán a última actualización do Flash Player para poder ve-lo vídeo ata a fin.

Decembro 25, 2007 Posted by César Salgado | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music | | Non hai comentarios

Victoria: “O magnum mysterium” (Kaohsiung Chamber Chorus)

Despois das que incluín nas anotacións “La Lyra Hispana” e, a semana pasada, “Victoria: ‘O magnum mysterium’ (high school choir)”, traio hoxe outra interpretación de “O magnum mysterium” (unha das miñas obras corais preferidas, escrita por Tomás Luis de Victoria).

Aquí canta un coro de Kaohsiung, a segunda cidade en importancia de Taiwan. Nótese que non hai obstáculos (léase partituras) para o contacto visual entre os cantores e a directora. Hai máis pezas cantadas por este coro no canal en YouTube do Kaohsiung Chamber Chorus.

Decembro 22, 2007 Posted by César Salgado | Music, Tomás Luis de Victoria, Vocal music | | Non hai comentarios