Blog de César Salgado

Galuppi: “Gloria patri” (Roberta Invernizzi)

Baldassare Galuppi (1706 – 1785; ás veces escrito “Baldassarre”) foi un compositor moi famoso no seu tempo polas súas óperas. Pode que fose ese éxito o causante da “confusión” de certo copista (Giuseppe Baldan), recentemente descuberta polos musicólogos. Baldan “olvidou” atribuír a Vivaldi algunhas pezas, facéndoas pasar como obras de Galuppi, nun lote que vendeu á orquestra de Dresden.

Este fragmento, “Gloria patri”, non forma parte dunha ópera senón dunha obra sacra, en concreto do salmo 127 (126), coñecido polas súas primeiras palabras, “Nisi Dominus”. Escoitámolo, cantado pola soprano Roberta Invernizzi, gracias ó canal en YouTube de niklausse:

Decembro 3, 2007 - Publicado por César Salgado | Galuppi, Music, Vivaldi, Vocal music | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario