Carlos Seixas (1704 – 1742)
Fernando Vasconcelos mantén un interesante blog divulgativo titulado “Diz que não gosta de música clássica?” (fermosa é tamén a ironía do subtítulo: “A única música que precisa de embalagem é a música de plástico”).
Alí descubrín a Carlos Seixas (1704 – 1742), un compositor de quen eu non coñecía nin o nome, e que debía de posuír un grande coñecemento musical, se xulgamos como fiable a anécdota que nos contan na anotación sobre Carlos Seixas do mencionado blog:
[...] Carlos Seixas nasceu em Coimbra a 11 de Junho de 1704. Filho do organista da Catedral cedo viajou para Lisboa onde conheceu [...] Domenico Scarlatti. Reza a história que Scarlatti terá dito ao Rei que não era Seixas que precisava de lições dele, mas sim o inverso.
Infelizmente a maioria da obra de Carlos Seixas perdeu-se no terramoto de 1755. [...]
Na anotación hai varios vídeos de YouTube con exemplos da música composta por Carlos Seixas: unha fuga para órgano e un concerto para cravo e cordas. Merecen ser escoitados.
Aínda non hai comentarios.


