Blog de César Salgado

Bach: Magnificat BWV 243 (excerpts by the Brisbane Concert Choir)

Encontro no canal en YouTube do “Brisbane Concert Choir” varios vídeos dun recente concerto seu. O máis interesante para min son os números (fragmentos) do Magnificat BWV 243. Os intérpretes son o citado “Brisbane Concert Choir” e “The Sinfonia of St Andrew’s”, baixo a dirección de Debra Shearer-Dirié. Os solistas son Melinda van der Meulen (soprano), Nicki Jenkins (alto) e Ian Clarkson (tenor). Lamentablemente o equipo de gravación non era moi bo…

O que poño aquí é o número 7 (un dos meus preferidos, o coro “Fecit potentiam in brachio suo”):

Tamén están no citado canal estes números:

1 (coro “Magnificat anima mea Dominum”): http://www.youtube.com/watch?v=euLqxI7vvPs

3 e 4 (aria de soprano “Quia respexit humilitatem” e coro “Omnes generationes”): http://www.youtube.com/watch?v=JUQEG-xbgPU

6 (dúo de alto e tenor “Et misericordia ejus”): http://www.youtube.com/watch?v=JNcDPHf_KFo

8 (aria de tenor “Deposuit potentes de sede”): http://www.youtube.com/watch?v=JMwGCjFFFZA

9 (aria de alto “Esurientes implevit bonis”): http://www.youtube.com/watch?v=62LH5C7sdBg

11 e 12 (coros “Sicut locutus est ad patres nostros” e “Gloria Patri”): http://www.youtube.com/watch?v=4iLv5-7gCuM

Decembro 13, 2007 - Publicado por César Salgado | Johann Sebastian Bach, Music, Vocal music | | 1 comentario

1 comentario »


Deixa un comentario