Bach: BWV 988, var. 18 (performances comparison)
Hoxe aparece no canal en YouTube de liptontea007 unha interesante comparación entre sete interpretacións dunha das variacións (a XVIII, “canon á sexta”) contidas na parte IV, BWV 988, do Clavier-Übung (coñecida popularmente como “variacións Goldberg”).
Pódese acceder a unha edición completa desta obra na páxina da Bach-Gesellschaft Ausgabe (einam.com), e a varias transcripcións parciais na páxina de partituras de J. S. Bach no Werner Icking Music Archive e na páxina de partituras de J. S. Bach no Mutopia Project.
Os sete intérpretes, ordenados alfabeticamente, son:
- Daniel Barenboim (piano)
- Glenn Gould (piano)
- Pierre Hantaï (cravo)
- Wilhelm Kempff (piano)
- Wanda Landowska (cravo)
- András Schiff (piano)
- Rosalyn Tureck (piano)
P.S. (26 – XII – 2007): probablemente algúns equipos necesitarán a última actualización do Flash Player para poder ve-lo vídeo ata a fin.
Aínda non hai comentarios.


