Victoria: “O magnum mysterium” (Amici Cantores)
Traio aquí, por terceira vez en poucos días, “O magnum mysterium”, unha das miñas obras corais preferidas, escrita por Tomás Luis de Victoria.
Xa a incluíra nas anotacións “La Lyra Hispana”, “Victoria: ‘O magnum mysterium’ (high school choir)” e “Victoria: ‘O magnum mysterium’ (Kaohsiung Chamber Chorus)”.
A interpretación que traio hoxe é un presente que Marian Domínguez nos ofrece na súa bitácora dedicada á Didáctica da Música, “Nos vemos en el blog”. Canta, na miña opinión magnificamente, un coro amateur italiano, Amici Cantores. Para redondear este regalo, inclúese un slideshow con imaxes de obras de arte e, en subtítulos, a letra en latín coa súa traducción ó español.
Aquí está o enlace: “O magnum mysterium”
¡Gracias a Marian, a Nancho, ós Amici Cantores e a todos aqueles que comparten cultura!
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
