Jacobus van Noordt: “Malle Symes” (recorder)
Hoxe encontrei, no canal en YouTube de recorderson unha fermosa peza, que consta dun tema e variacións, tocada coa flauta de bico. O título é “Malle Symes” e o autor, Jacobus van Noordt, quen viviu nos Países Baixos no século XVII e pertencía a unha familia de músicos: era fillo de Sybrandus van Noordt senior e irmán de Anthoni van Noordt.
P.S. (2 – I – 2008). Parece que esta canción foi moi popular e aparece en decenas de arranxos. Por exemplo, no canal en YouTube de Valéry Sauvage temos outra versión desta melodía, composta para laúde por Nicolas Vallet co título “Mal Simmes bal Anglois”:
Ademais, no canal en YouTube de Domitila Ballesteros hai unha versión para órgano composta por Jan Pieterszoon Sweelinck (1562 – 1621) baixo o título “Malle Sijmen”:
Desculpamos ese horrible pasar de páxina polo interese da peza… :-)
Thank you all for sharing culture!
Aínda non hai comentarios.


