Blog de César Salgado

1 Xaneiro 2008

Juan del Encina: “Gasagémonos de huzia” (Pro Mvsica Antiqva de Madrid)

Gardado en: Juan del Encina, Literature, Music, Vocal music — César Salgado @ 17:37

Juan del Encina (1468 – 1529; tamén escrito Enzina ou Ensina) é un dos máis grandes poetas e compositores da nacente España, no final do século XV e no principio do XVI. A maioría das obras que se conservan del están no Cancionero Musical de Palacio (CMP) e outras compilacións análogas.

Na súa bitácora dedicada á Didáctica da Música, “Nos vemos en el blog”, Marian Domínguez ofreceunos onte unha preciosa peza de Juan del Encina.

Na anotación “Para el año que viene…” inclúe a letra e unha versión instrumental de “Gasagémonos de huzia”, interpretada polo grupo Pro Mvsica Antiqva de Madrid.

Gracias por compartir cultura.

Agustín Fernández Paz: “Contos por palabras”

Gardado en: Education, Galicia, Literature — César Salgado @ 14:06

Estes días estiven a ler, entre outros, o libro “Contos por palabras”, escrito por Agustín Fernández Paz e publicado por Xerais (edición “ampliada” e “actualizada na normativa de 2003″; ISBN: 9788483026342).

O de ampliada vén porque as primeiras edicións tiñan menos contos (e outro ilustrador).

Tamén lin a traducción ó español que fixo Rafael Chacón para SM, colección “El barco de vapor” (“Cuentos por palabras”; ISBN: 9788434864221). Nesta traducción falta un conto, o titulado “Un doce emprego”.

Tanto en galego como en español parécenme moi recomendables.

Xa está “na rúa” a versión 4.7 do Notepad++

Gardado en: Software — César Salgado @ 13:27

Xa está disponible unha nova versión estable, a 4.7, do Notepad++, que eu defino como un lixeiro pero completísimo editor de texto e HTML.

Quero dicir: eu úsoo para iso, pero os programadores saberán apreciar que recoñeza a sintaxe de ducias de linguaxes máis, como C, C++, XML, CSS, PHP, Java, Perl, JavaScript, SQL, Python, TeX, etcétera.

E o millor de todo, é totalmente aberto e gratuíto (licencia GPL). Un único inconveniente: so funciona en Windows, aínda que tamén pode funcionar en Linux coa axuda de Wine.

Bloguea en WordPress.com.