Blog de César Salgado

HRW press release on Libya and the United States

Human Rights Watch publicou hoxe unha nota de prensa sobre Libia e a súa relación cos Estados Unidos, centrada nas sistemáticas violacións dos Direitos Humanos que teñen lugar en Libia, algunhas delas inflixidas a presos que foron transferidos desde Guantánamo polas autoridades estadounidenses.

A nota de prensa leva por título “Libya: Serious Abuses Persist. Rice Meets Libyan Foreign Minister Today” e vén acompañada por un breve informe, resumo das principais eivas de Libia en materia de Direitos Humanos (ausencia de liberdades civís; presos políticos; detención sen cargos, incomunicada e sen acceso a avogados; torturas e maltrato a detidos; “desaparecidos”; pena de morte, mesmo por delictos políticos): “Libya: Rights at Risk”.

Xaneiro 3, 2008 - Publicado por César Salgado | Human Rights, Human Rights Watch, Libya, Politics, United States | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario