Caix d’Hervelois: “La Bavaroise” (Ernst Stolz, viola da gamba)
Xa levaba tempo sen poñer na bitácora vídeo ningún de Ernst Stolz tocando a viola da gamba, e onte escoitei un que me pareceu interesante. Trátase dunha peza escrita por Louis de Caix d’Hervelois (ca. 1680 - 1759), compositor dedicado case en exclusiva á viola da gamba nunha época na que este instrumento xa estaba, por desgracia, un tanto démodé.
“La Bavaroise” (livre II):
Caix d’Hervelois era amigo do tamén compositor Joseph Bodin de Boismortier (1689 - 1755), de quen xa puxen cousas en dúas anotacións da bitácora: “Boismortier: Trio sonata played on recorder” e “Joseph Bodin de Boismortier: Gavotte et Ramage”.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
