Telediario de TVE (titular): “El rey nació hace 70 años en el exilio…”
Os niveis de propaganda no canal público de televisión parecen descoñecer calquera límite. Usa-la palabra “exilio” no caso da familia real é obsceno. Marcharon, á fin, porque pretendían ter direito divino para gobernar España e a república non llelo recoñeceu…
Sen embargo, ó venceren na guerra os fascistas do dictador Francisco Franco, en España houbo miles de executados extraxudicialmente, presos e represaliados; os que marcharon para América foron case todos cunha man diante e a outra detrás; os que pasaron para Francia foron “acollidos” durante anos en campos de concentración…
Non so é delicto queima-la súa foto ou facer viñetas “sexuais” de membros da familia real. Ademais… ¿debemos compadecernos desa acomodada elite que viviu en Estoril e foi designada para a sucesión polo propio dictador?
Aínda non hai comentarios.


