Blog de César Salgado

Jean Daniel Braun: “Corrente” #21 (1740)

Encontro no canal en YouTube de recorderson unha interesante peza interpretada coa flauta de bico. Escribiuna o compositor Jean Daniel Braun, de quen xa falei na anotación “Solo music for recorder” e de cuxa vida non teño máis referencia que as obras que publicou.

A peza que inclúo aquí hoxe aparece nunha obra publicada en París no 1740 (hai unha transcripción parcial desta obra, coas “Pieces sans Basse” na páxina de Geoffrey Hemion), cun título moi longo, cousa habitual na época: Sonate de Mr. Braun a Flute traversiere et Basse. Suivie de differentes Pieces sans Basse, composées expres pour former l’embouchure et accoutumer la main aux dificultez tant du méme auteur que de divers autres. Ces mémes Pieces peuvent se jouer egalement sur le Basson en suivant la clef de Basse mise au commencement de chaque air

Xaneiro 6, 2008 - Emitido por César Salgado | Jean Daniel Braun, Music, Recorder, Wind music | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario