Blog de César Salgado

Proposta lamentable do COE e da SGAE para a letra do himno de España

A noticia “filtrouse” na prensa e a propaganda funcionou rapidamente. O xornal ABC titulaba “Ya hay letra para el himno y el tenor Plácido Domingo la estrenará el día 21″, a pesar de que, polo momento, so é unha proposta, resultado dun concurso organizado polo Comité Olímpico Español (COE) e a Sociedad General de Autores y Editores (SGAE, tamén coñecida como $GAE polas súas actividades mafiosas no nome dos “direitos de autor”).

A min o que me pareceu estraño é que un texto sen calidade poética e cunha prosodia defectuosa poida gañar un concurso así, habendo presuntos intelectuais e presuntos músicos no xurado… :-D

Marian Domínguez recorda hoxe, nunha anotación da súa bitácora, (“A vueltas con el himno”), a comedia de Les Luthiers “La comisión (Himnovaciones)”, moi apropiada neste caso.

Xaneiro 11, 2008 - Publicado por César Salgado | Literature, Music, Politics, Propaganda, Spain | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario