Foron demandados nos tribunais por unha sátira sobre o “rei” de España. Recibiron o apoio, entre outros, de Reporters sans frontières e Amnistía Internacional.
Agora cesou a publicación en papel da publicación humorística “Caduca Hoy”, pero seguirá en internet.
¿Cando desaparecerá deste país, que se di democrático, a censura por motivos políticos? Nada, e moito menos a defensa dunha institución tan anacrónica como a monarquía, pode xustifica-los continuos recortes na liberdade de expresión.

