Que fan Bush e Sarkozy nos países árabes
Os mass media presentan as actividades de Bush como diplomáticas e encamiñadas á paz. Saturan ó público con informacións sobre a nova parella de Sarkozy. Pero poucos minutos e poucas liñas se dedican ós auténticos intereses que levan ós presidentes dos Estados Unidos e de Francia a viaxar polos países árabes. Citarei algúns titulares recollidos esta mañá e que constitúen excepcións á regra:
- Francia y EE.UU. reponen los arsenales de los países árabes (ABC)
- Bush rearma Oriente Próximo (El País)
- Francia vende dos reactores nucleares a Emiratos Árabes (El País)
- Bush hace una venta millonaria de material militar a Arabia Saudí para cercar a Irán (El Mundo)
- Sarkozy to sign UAE nuclear deal (BBC News)
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
