Blog de César Salgado

Fin da cadeira eléctrica en Nebraska

Publícanse moitas notas e elabóranse moitos argumentos sobre a crueldade das diversas formas coas que se executa ós condenados a morte. Creo que é un erro estratéxico. O autenticamente cruel, inhumano e irreversible é un castigo como a execución da pena de morte. Comparado con iso, o método atinxe unha dimensión anecdótica. Ou pior aínda: se o público chega a convencerse de que hai formas de matar que non conlevan crueldade, os defensores das execucións triunfarán na guerra da propaganda.

Isto vén a conto porque en Nebraska (Estados Unidos) deixan de emprega-la cadeira eléctrica para os asasinatos legais porque disque a crueldade do método é inconstitucional. Human Rights Watch informa do feito nesta nota de prensa: “US: Electric Chair Banned as Cruel, Unusual Punishment. Nebraska Ruling Brings US Closer to Ending This Inhumane Form of Execution in US”.

Enlaces relacionados:

Febreiro 10, 2008 - Publicado por César Salgado | Death penalty, Human Rights, Human Rights Watch, Politics, Propaganda, United States | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario