Guinea Ecuatorial: Brígida Asongsua Elo, detida en cela con varóns, sen cargos nin xuízo
Amnistía Internacional (AI) publicou estes días unha nota de prensa sobre o caso de Brígida Asongsua Elo, esposa de Guillemo Ela Nguema, considerado preso de conciencia por AI. Brígida Asongsua Elo leva dous meses detida en Guinea Ecuatorial (antiga colonia de España) sen cargos nin xuízo, nunha cela sen retrete compartida con perto de cen varóns.
A nota de prensa leva por título “Equatorial Guinea: Detention without charge or trial / Harsh detention conditions: Brígida Asongsua Elo”.

