Blog de César Salgado

Premios “Muralla de Lugo” de Debuxo e Redacción Infantís

Actualizado o 12 – I – 2009. Copio e pego da páxina Premios “Muralla de Lugo”:

Con motivo do 8º aniversario da concesión do título de Patrimonio da Humanidade a favor do monumento, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Excmo. Concello de Lugo, a Excma. Deputación Provincial de Lugo, a Universidad de Santiago de Compostela, Caixanova, Telelugo e El Progreso, convocan a: IX Edición dos Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís.

BASES

Idade: A idade máxima para participar é de 12 anos.

Características dos traballos
Debuxo: A lapis, bolígrafo, pluma, cera, rotulador ou similares. O formato non pode ser superior a 30 x 30 cm.
Redacción: Non debe superar os 3 folios (A4) escritos a man por unha soa cara. Pode ser escrito en castelán ou galego.

A temática: Tanto o debuxo como a redacción deben xirar arredor da Muralla Romana de Lugo e a paz, a solidariedade e o respecto ao medio ambiente ou todos aqueles valores que contribúan manifestamente á concordia, á convivencia e o entendemento entre os pobos do mundo, sendo referencia obrigatoria a Muralla Romana de Lugo.

Outros: O autor poderá presentar un máximo de 2 traballos por modalidade (debuxo e redacción). Deberá remitilos nun sobre cos seus datos persoais incluído o teléfono de contacto ao diario El Progreso (Rúa Puro Cora 3, 27002 Lugo). O prazo de presentación finalizará o 27 de marzo de 2009 e o xurado, formado por un representante de cada un dos convocantes, dará a coñecer o seu resultado nas páxinas de El Progreso. O xurado non devolverá ningún dos traballos e estes poderán formar parte de suplementos, especiais, exposicións, etc. En todos os casos citarase aos autores dos traballos. A presentación ao concurso supón a aceptación de tódalas bases correspondendo ao xurado calquera interpretación das mesmas, así como decidir sobre calquera eventualidade non prevista na convocatoria. Esta decisión será inapelable.

PREMIOS

Redacción: 500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas.
Debuxo: 500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas.
Grupo de traballos: 2 premios de senllos equipos informáticos, un en cada categoría, para as aulas informáticas dos centros que presenten o mellor grupo de traballos, valorándose tanto a cantidade como a calidade do conxunto.
Mestres-titores: Establécense tamén 2 premios de senllas cámaras dixitais, un en cada categoría, para os mestres-titores de cada gañador.
Outros: Diploma nominativo a tódolos participantes que os nomea ‘Defensor da Muralla’.

Febreiro 17, 2008 - Publicado por César Salgado | Education, Galicia, Visual arts | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario