Blog de César Salgado

Kosovo: cada un fala da feira segundo lle vai nela

A hipocrisía e a propaganda guían á diplomacia internacional. O principal argumento en contra da independencia de Kosovo é que non respecta o Direito Internacional (o ministro Moratinos teme o efecto nas próximas eleccións), pero Estados Unidos e os seus aliados salvan ese obstáculo dicindo que o de Kosovo é un caso único, sui generis, e que non sentará precedente.

O malo é que a Historia está chea de casos únicos que non van sentar precedente, como a Anschluss e a anexión dos Sudetes no 1938…

¿De onde vén a cuestión de Kosovo? Véxase, por citar unha fonte pouco sospeitosa, o artigo da Wikipedia sobre o bombardeo da OTAN sobre Iugoslavia no 1999.

Febreiro 18, 2008 - Publicado por César Salgado | History, Human Rights, Kosovo, Politics, Propaganda, Serbia, Spain, United States | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario