Blog de César Salgado

Sweelinck: “Ballo del granduca”

Tres versións da mesma obra, “Ballo del granduca”, composta por Jan Pieterszoon Sweelinck (1562 – 1621) ou polo seu discípulo Samuel Scheidt (1587 – 1653).

A primeira versión procede do canal en YouTube de giovmin e está interpretada nun órgano:

A segunda interprétaa un cuarteto de flautas de bico, o Daphne Recorder Quartet, formado por Maurizio Parisi, Giuseppe Paradiso, Alessandro Nasello e Ottavio Brucato:

A terceira leva o selo de Bob van Asperen, que a interpreta nun cravo:

Pódense ver dúas transcripcións do “Ballo del granduca” na páxina de partituras de Sweelinck no WIMA (Werner Icking Music Archive).

Thank you all for sharing culture!

P. S. (17 – III – 2008). Encontrei outras dúas interpretacións.

Aquí toca Matteo Imbruno no órgano construído por Vater e Müller na Oude Kerk (Amsterdam):

Aquí toca Simone Stella nun órgano electrónico:

P. S. (3 – IV – 2008). Aquí podemos escoitar unha versión sobre o mesmo tema composta por Giovanni Battista Ferrini (ca. 1600 – 1674) e interpretada por Roberto Loreggian:

P. S. (7 – IV – 2008). Outra vez a versión de Sweelinck, agora interpretada por Claudio Brizi nun instrumento pouco frecuente, o claviórgano:

P. S. (20 – X – 2008). Encontrei no canal en YouTube de alra1975 a versión de Sweelinck tocada por Ton Koopman nun órgano construído polo mestre [Esaias] Compenius:

P. S. (16 – IV – 2009). Aparece no canal en YouTube de StefanoF87 a versión de Sweelinck, tocada por Jacques van Oortmerssen no órgano de Hendrik Nijhoff (Grote St. Janskerk). O temperamento é, segundo a información que acompaña ó vídeo, Werckmeister III:

Febreiro 18, 2008 - Publicado por César Salgado | Giovanni Battista Ferrini, Harpsichord, Keyboard music, Music, Organ, Recorder, Samuel Scheidt, Sweelinck | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario