Algunhas radios con “música clásica” en internet
Agora sei que existe software libre e gratuíto para gravar esa música (streaming) da radio que escoito no computador. Por exemplo, o MediaCoder ou o Audacity. Unha alternativa, non libre pero si gratuíta, é o Freecorder).
Deixo anotadas algunhas radios con “música clásica” en internet. Pouco a pouco terei que ir ampliando a lista:
- Radio Clásica (RNE 2, España)
- Radio 4 (Nederland)
- France Musique
- Amadeus (Argentina)
- Radio 3 (RAI, Italia)
- Radio Stephansdom (Wien)
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
