Nanotechnology is morally unacceptable
¿Podemos fiarnos das enquisas? Depende de como estean deseñadas, do tamaño e representatividade da mostra, do obxectivo de propaganda, político, comercial… que estea detrás. Unha cousa está clara, se preguntamos á xente da rúa sobre asuntos que descoñecen totalmente, pode suceder algo como o que nos conta Ben Worthen no blog “Business Technology” do Wall Street Journal: “Nanotechnology is morally unacceptable”.
Preguntaron á xente se consideraban a nanotecnoloxía moralmente aceptable e so o 30% respondeu afirmativamente. Do 70% restante, moitos probablemente confundiron este campo de investigación con outros campos controvertidos como o das células nai embrionarias (con forte oposición dalgúns grupos relixiosos) ou o dos organismos xeneticamente modificados usados na industria alimentaria.
Agora que nos achegamos a unhas eleccións ó parlamento español convén reflexionar sobre a capacidade de decidir que temos os cidadáns, se coñecemos que alternativas se nos presentan, que significa “voto útil”, que valor simbólico ten a farsa electoral e como se utiliza esta para lexitima-lo sistema capitalista… ¿É moralmente aceptable non votar? ¿E facelo?
Aínda non hai comentarios.


