Italo Calvino: “O vizconde demediado”
Despois de ler “Calvina” lin “As aventuras de Alicia no país das marabillas” e agora empecei a le-la triloxía de Italo Calvino “I nostri antenati” (”Os nosos antergos”). Onte rematei o primeiro libro, “Il visconte dimezzato” (1952), na traducción galega feita por Silvia Gaspar Porras (”O vizconde demediado”; Xerais, Vigo, 1988; ISBN: 9788475073286).
Uns libros encadénanse noutros: neste recordamos a Robert Louis Stevenson explicitamente na personaxe de Trelawney (“Treasure Island”) e implicitamente no home con dúas personalidades opostas (“Strange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde”).
Vexo no libro varios puntos da biografía do autor. Desde o principio o vizconde vén marcado pola experiencia traumática da guerra (que Italo Calvino coñeceu, primeiro forzado a participar na ocupación fascista de Francia, e logo loitando como militante partisano). Tamén aparece no libro a persecución, por motivos relixiosos, que sofren os huguenotes (chamoume a atención que Italo Calvino asistise a unha escola valdense).
O libro sabe a pouco, e por iso seguirei co resto da triloxía… So apunto unha reflexión do final que me pareceu interesante:
[...] tiña a experiencia da unha e da outra metade refundidas e xuntas, por iso tiña que ser moi sabio [...] Seique aquí se esperaba que, volvendo enteiro o vizconde, se abrise unha época de felicidade marabillosa; pero está claro que non abonda un vizconde completo para que se faga completo todo o mundo [...]
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
