Roald Dahl: “Relatos de lo inesperado”
É frecuente asociar ó escritor Roald Dahl coa literatura para nenos e é certo que escribiu moitos libros para ese público. Eu mesmo estiven a traballar, hai pouco, “Charlie e a fábrica de chocolate” con rapaces de sexto. Quizá non é tan coñecida entre nós a súa faceta como escritor de relatos curtos, novelas e guións de televisión e cine, algúns deles en colaboración con Alfred Hitchcock.
Despois da recomendación dunha boa amiga, empecei hai uns días e rematei hoxe a lectura dunha compilación de relatos escritos, e publicados por separado, no período que vai desde finais dos anos corenta ata finais dos anos cincuenta. O título da compilación é “Tales of the Unexpected”, e eu lin a traducción española de Carmelina Payá e Antonio Samons (”Relatos de lo inesperado”; Anagrama, Barcelona, 1987; ISBN: 9788433920867).
Gustáronme, e quedoume gana de máis.
2 Comentarios »
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):

¡Eh, me lo acabo de terminar! Son estupendos todos, pero… ¿qué me dices de la señora del abrigo? Uffffff.
Comentario por Marian | Marzo 21, 2008
La guerra entre los maridos y las esposas (vaya palabra tan policiaca) es constante en el libro y en la vida cotidiana, y no me extraña leyendo las condiciones de esclavitud que sufrían (y sufren) las mujeres.
Quizá en los países occidentales hayamos avanzado algo, aunque no se puede decir que estemos en una situación “idílica”, parafraseando a nuestro ex-presidente Aznar…
http://www.abc.es/20080319/nacional-nacional/aznar-afirma-situacion-irak_200803190252.html
:-)
Comentario por César Salgado | Marzo 22, 2008