Blog de César Salgado

Philip Scott Johnson: “Visages d’Art” (hundreds of years of faces in Art)

Philip Scott Johnson xa nos regalara os sentidos con varios vídeos, e dous deles fixéronse moi populares, entre outras cousas polo uso do morphing para pasar dunha imaxe á seguinte: “Women in Film” (visto un millón e medio de veces) e, sobre todo, “Women in Art: 500 Years of Female Portraits in Western Art”, que xa viron sete millóns de veces.

Hoxe vin un novo traballo no canal en YouTube de Philip Scott Johnson, baixo o título “Visages d’Art: hundreds of years of faces in Art”:

A música de fondo é, igual que nos dous vídeos que mencionei ó principio, de Johann Sebastian Bach. Neste caso é o preludio en “re menor” (BWV 851) do primeiro libro do “Cravo ben temperado”, interpretado ó piano por Daniel-Ben Pienaar.

Podemos escoita-la interpretación completa que fixo Daniel-Ben Pienaar do “Cravo ben temperado” aquí:

Podemos ver partituras para seguir estas obras na páxina “Great Bach” de Kim Eun Ho, na copia da Bach-Gesellschaft Ausgabe que teñen en einam.com e espero que axiña no International Music Score Library Project (IMSLP), temporalmente cerrado polas ameazas de Universal Edition (que pretende rete-los direitos de autores que levan cen anos mortos).

Thank you all for sharing culture!

Marzo 21, 2008 - Publicado por César Salgado | Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Visual arts, Well-tempered Clavier | | 1 comentario

1 comentario »

  1. Deliciosos videos!! te felicito.

    Comentario�Comentarios por mar | Marzo 26, 2009 | Responder


Deixa un comentario