Portal educativo do Instituto Galego de Estatística
A través de chuza! coñezo da existencia do “Portal educativo do Instituto Galego de Estatística”, que se presenta así:
Este portal educativo xorde coa intención de que os nosos mozos e mozas coñezan os datos e fontes estatísticas dispoñibles e se acostumen a analizalos e interpretalos. Nel poderás atopar unidades didácticas, actividades e exercicios relacionados coa estatística ademais doutros contidos máis xerais como por exemplo: representacións gráficas, historia da estatística ou conceptos manexados na estatística pública.
Parece un bo recurso para estudia-la Xeografía Humana de Galicia.
Thank you for sharing culture!
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
About (presentación)
Nota: varios vídeos que incluín neste blog, entre eles gravacións históricas de ópera, xa non están en YouTube. Se a causa foi algunha denuncia, opino que é un abuso claro do copyright. Pero, por desgracia para os melómanos e para a difusión da cultura, YouTube é un negocio e son libres para quitalos do seu servizo haxa denuncias ou non…
Para saber máis sobre min, podes visita-la páxina persoal de César Salgado García (que son eu). Este blog empeceino a finais do 2006 para un grupo de alumnos (eran “cuarto B”, de aí o nome que tivo nun principio), pero o proxecto non callou e acabou sendo o meu blog persoal. Recomendo usa-lo navegador Mozilla Firefox. Se queres escribirme, este é o meu e-mail: cesarsalgado@yahoo.com. Este son eu no 1997:

E esta é unha petición para un dominio galego (se os cataláns o conseguiron, nós tamén podemos):
