Blog de César Salgado

“Atopa as diferenzas” (Galicia e as TIC na educación)

Alberto Armada é mestre no CPI de Cuntis e autor dunha das bitácoras educativas que máis visito (e con proveito): “Blog do coordinador TIC”. Leva tempo denunciando o atraso da educación galega en medios materiais e humanos para adaptármonos ás “tecnoloxías da información e da comunicación”.

Recomendo a comparación (non exhaustiva) que fai hoxe Alberto na anotación “Atopa as diferenzas”, da que copio un extracto:

[...] Centros TIC en Galicia: 20

Centros TIC no País Vasco: 120 [...]

Horario dos coordinadores TIC en Galicia: indeterminado, practicamente inexistente.

Horario dos coordinadores TIC no País Vasco: 12-13 horas semanais.

Soporte e mantemento de equipamentos informáticos en Galicia: dependemos da Unidade de Atención a Centros, ou sexa, indeterminado.

Soporte e mantemento de equipamentos informáticos en Estremadura: administrador de rede a tempo completo en cada centro. [...]

A fenda dixital medra entre nós, a escola vese impotente para remedia-los desequilibrios e ós nosos políticos non lles preocupa polo mesmo motivo que non lles preocupan o tren, a sanidade e o resto dos servizos públicos: porque eles xa teñen ou poden permitirse pagar unha alternativa privada. Teñen coche e ós seus fillos non lles faltan computadoras nin libros. Se for preciso, contratan un “canguro” que fale inglés e alemán…

Abril 17, 2008 - Emitido por César Salgado | Education, Galicia, Politics | | Non hai comentarios

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario