Blog de César Salgado

Si á cultura relixiosa, si á Filosofía, non á catequese na escola

Desde varios sindicatos e colectivos, como a Sociedade Galega de Filosofía, a Asociación Cultural Sine Nómine e a Asociación de Profesores de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia estanse a facer campañas contra o anteproxecto do decreto polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Os motivos: parece que van a menos as horas de Filosofía, Historia e Música e, paradoxalmente, aparece a materia de Relixión (confesional) en segundo de Bacharelato (o curso previo á universidade).

Eu son unha persoa crente e considero fundamental a cultura relixiosa para comprender contidos da Historia, da Historia da Arte (incluída a Historia da Música), da Historia da Filosofía, pero estes contidos deberían formar parte das áreas denominadas “Coñecemento do Medio”, “Ciencias Sociais”, “Historia”, “Filosofía”, etcétera. Opino que a catequese “católica” nas escolas infantís, primarias e secundarias é un atranco á organización dos centros educativos e un anacronismo incompatible coa aconfesionalidade do Estado.

Eu xa asinei a campaña da Sociedade Galega de Filosofía e a campaña da Asociación Cultural Sine Nómine.

Abril 20, 2008 Emitido por César Salgado | Education, Galicia, History, Philosophy, Politics, Religion, Spain | | Non hai comentarios

Haydn: dous coros do oratorio “Die Schöpfung”

Tiven o privilexio de aprende-las preciosas partes vocais deste oratorio no ano 1991, co Orfeón “Terra a Nosa” de Santiago de Compostela, sendo o seu director Remigio (”Miro”) Moreira Arincón. Hoxe volvo sobre el (nunca o deixei en realidade) porque vexo a entrada “J. Haydn: Die Schöpfung (La Creación)” que escribiu José Ramón Tapia na súa bitácora “Audición y apreciación musical”.

“Die Schöpfung” escribiuno Franz Joseph Haydn (o chamado “pai da sinfonía e do cuarteto”, non confundir co seu irmán, tamén compositor, Johann Michael Haydn) entre os anos 1796 e 1798. No catálogo Hoboken leva o número XXI/2. O texto en alemán, con traducción ó español, pode encontrarse en Kareol.

Aquí os intérpretes son: Chorus and Orchestra of the Opera Society of Hong Kong; Raymond Fu, mestre de coro e director.

“Die Himmel erzählen die Ehre Gottes”, un coro onde interveñen os tres solistas (Gabriel, Uriel e Raphael), cerra a primeira das tres partes nas que se divide o oratorio:

CHOR
Die Himmel erzählen die Ehre Gottes,
und seiner Hände Werk
zeigt an das Firmament.

GABRIEL, URIEL, RAPHAEL
Dem kommenden Tage sagt es der Tag,
die Nacht, die verschwand, der folgenden Nacht.

CHOR
Die Himmel erzählen die Ehre Gottes,
und seiner Hände Werk
zeigt an das Firmament.

GABRIEL, URIEL, RAPHAEL
In alle Welt ergeht das Wort,
jedem Ohre klingend,
keiner Zunge fremd.

CHOR
Die Himmel erzählen die Ehre Gottes,
und seiner Hände Werk
zeigt an das Firmament.

E este é o coro, onde tamén interveñen os tres solistas, que cerra a segunda parte:

CHOR
Vollendet ist das große Werk,
der Schöpfer sieht’s und freuet sich.
Auch unsre Freud’ erschalle laut!
Des Herren Lob sei unser Lied!

GABRIEL, URIEL
Zu dir, o Herr, blickt alles auf,
um Speise fleht dich alles an.
Du öffnest deine Hand,
gesättigt werden sie.

RAPHAEL
Du wendest ab dein Angesicht:
da bebet alles und erstarrt.
Du nimmst den Odem weg:
in Staub zerfallen sie.

GABRIEL, URIEL, RAPHAEL
Den Odem hauchst du wieder aus
und neues Leben sproßt hervor.
Verjüngt ist die Gestalt der Erd’
an Reiz und Kraft.

CHOR
Vollendet ist das große Werk,
des Herren Lob sei unser Lied!
Alles lobe seinen Namen,
denn er allein ist hoch erhaben,
Halleluja! Halleluja!

Abril 20, 2008 Emitido por César Salgado | Joseph Haydn, Music, Oratorio, Vocal music | | Non hai comentarios

Bach: Praeludium et Fuga BWV 866 (Mauro Giustini)

No canal en YouTube da Associazione Musicale Karl Jenkins hai vídeos interesantes de música antiga. Mauro Giustini interpreta aquí a Bach no cravo. Concretamente, o Praeludium et Fuga BWV 866 (número 21, en “si bemol maior”, do primeiro libro do “Cravo ben temperado”):

Podemos ver partituras para seguir estas obras na páxina “Great Bach” de Kim Eun Ho, na copia da Bach-Gesellschaft Ausgabe que teñen en einam.com e espero que axiña no International Music Score Library Project (IMSLP), temporalmente cerrado polas ameazas de Universal Edition (que pretende rete-los direitos de autores que levan cen anos mortos).

Thank you all for sharing culture!

Abril 20, 2008 Emitido por César Salgado | Harpsichord, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Music, Well-tempered Clavier | | Non hai comentarios