Blog de César Salgado

Si á cultura relixiosa, si á Filosofía, non á catequese na escola

Desde varios sindicatos e colectivos, como a Sociedade Galega de Filosofía, a Asociación Cultural Sine Nómine e a Asociación de Profesores de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia estanse a facer campañas contra o anteproxecto do decreto polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Os motivos: parece que van a menos as horas de Filosofía, Historia e Música e, paradoxalmente, aparece a materia de Relixión (confesional) en segundo de Bacharelato (o curso previo á universidade).

Eu son unha persoa crente e considero fundamental a cultura relixiosa para comprender contidos da Historia, da Historia da Arte (incluída a Historia da Música), da Historia da Filosofía, pero estes contidos deberían formar parte das áreas denominadas “Coñecemento do Medio”, “Ciencias Sociais”, “Historia”, “Filosofía”, etcétera. Opino que a catequese “católica” nas escolas infantís, primarias e secundarias é un atranco á organización dos centros educativos e un anacronismo incompatible coa aconfesionalidade do Estado.

Eu xa asinei a campaña da Sociedade Galega de Filosofía e a campaña da Asociación Cultural Sine Nómine.

Abril 20, 2008 - Publicado por César Salgado | Education, Galicia, History, Philosophy, Politics, Religion, Spain | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario