Blog de César Salgado

Cervantes e Shakespeare non morreron o mesmo día

Hoxe comenteilles ós meus alumnos na clase, xa que “se celebra o día do libro”, que William Shakespeare e Miguel de Cervantes non morreron o mesmo día, aínda que mirando as datas pareza que si (nas dúas pon o 23 de abril do 1616).

Ninguén está a mentir… en España era o 3 de maio cando morreu Shakespeare. O motivo da discrepancia é que España e outros países católicos implantaran no 1582 o calendario gregoriano e Inglaterra aínda seguía o calendario xuliano.

P.S. (5 – V – 2008). Acabo de coñecer que o historiador hispano-peruano Inca Garcilaso de la Vega (Gómez Suárez de Figueroa no bautismo) tamén morreu o 23 de abril do 1616. Ollo: non debemos confundilo co insigne poeta Garcilaso de la Vega (1501 – 1536).

Abril 23, 2008 - Publicado por César Salgado | Education, History, Literature, Spain, United Kingdom | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario