Dicionario de galego en liña da editorial Ir Indo (beta 1.0)
Acabo de coñecer, a través da lista de correo “Terminoloxía” (Consello da Cultura Galega), que a editorial Ir Indo pon en liña o seu “Dicionario de galego” (beta 1.0).
Os amantes da lingua e os que a usamos como ferramenta de traballo debemos agradecer que Ir Indo volva apostar pola difusión da cultura.

